Asasinadas unha muller e a súa nai en Cervo

Son os dous primeiros casos de violencia machista deste ano na Galiza.


Adela R.L., de 72 anos, e a súa filla María Xosé S.L., de 44, foron asasinadas este 14 de xaneiro de maneira violenta en Cervo. Como autor dos feitos a Garda Civil prendeu José Ángel Cadrado, de 52 anos --xenro e home das mulleres asasinadas, respectivamente--, quen chamara aos servizos de emerxencia para confesar os asasinatos. Foi localizado na fronteira entre Ribadeo e Asturies. 

Os dados facilitados inicialmente por fontes do Concello (PP) consultadas polos medios de comunicación, o acontecido no lugar de Lieiro foi "un asunto familiar". A nai quedou viúva hai máis de vinte anos. A filla impartía aulas de relixión nos colexios do Valadouro e en Alfoz. 

Segundo a declaración prestada polo autor confeso dos dous asasinatos, empregou un pau de madeira para as golpear até as matar. En 2013 foron tres as mulleres asasinadas polas súas parellas no noso País: Isabel Pérez o 28 de decembro en Marín; Fátima Machado o 16 de setembro en Verín; e Helena Dumitru o 28 de marzo en Lugo.

Comentarios