Ana Miranda foi posta en liberdade

O Marianne chegou ao porto de Ashdod despois dun asalto do exército israelí no que se usaron pistolas “taser” contra un pasaxeiro, A voceira do BNG en Bruxelas foi liberada e deportada a Madrid ao igual que outros dous representantes políticos. 

ana
photo_camera ana

A páxina oficial de Rumbo a Gaza informaba a última hora da noite de que o Marianne chegara ao porto de Ashdod e que o cónsul español en Xerusalén puidera falar coa voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, única tripulante do Estado español que seguiu durante toda a travesía. Segundo informa Rumbo a Gaza, Miranda podería ser repatriada en breve.

Despois da captura en augas internacionais, segundo sinalan, ao menos un tripulante tería sido agredido con pistolas “taser” de descargas eléctricas. Rumbo a Gaza conseguiu poñerse en contacto cos pasaxeiros do Marianne e confirmou o óptimo estado de toda a tripulación. 

Esta terza feira por volta das 8:48h foi comunicada a liberación do deputado palestiniano na Knesset, Ghattas e o ex-presidente da Tunisia, Marzouki. As demais persoas que compuñan a tripulación da Flotilla terían sido trasladadas á prisión de Givon (Israel), de acordo coa información difundida por Ship To Gaza Sweden.

Pola súa banda a voceira do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, foi posta en liberdade a primeira hora da mañá e deportada nun avión con destino Barajas. 

marianne

O Marianne no porto de Ashdod. Foto: Rumbo a Gaza. 

Comentarios