A lingua que nos une, principal argumento do número 32 de Sermos

A sociedade que quer galego está convocada este domingo a se manifestar en Santiago. O número 32 recolle a luva e dedica a nova entrega do suplemento AFONDO ás enerxías que hai neste país a prol da nosa lingua.


O Sermos número 32 esmiúza tamén a crítica situación da pesca galega, un dos sectores produtivos do país con maior potencial de criación de riqueza, infelizmente eivado por decisións políticas que non teñen en conta os seus intereses.

A información alternativa, unha das bandeiras deste medio, percorre este número 32 de Sermos, con contidos moi reveladores a respeito da implicación das elites españolas no escándalo das preferentes.

O número 32 inclúe unha entrevista co economista Manuel Lago -que en precampaña avanzou que Feijóo remataría pedindo o resgate para Galiza- e, xa nas súas páxinas de Cultura, co actor galego de moda, Luís Iglesias, o xa inesquecíbel Carmelo de Matalobos.

Un perfil de Fran González Pérez, a lenda do fútebol galego, e os últimos desenvolvimentos da política internacional -co movemento independentista en Escocia en primeiro plano- completan este número, entre outros contidos referenciais deste semanario como a crónica política ou a que dá conta dos movementos máis vangardistas do deseño galego.

Comentarios