A Coruña paga 680.000 euros a un ex-socio de Urdangarín por un plan que apunta o ladrillo

Por medio da empresa de augas municipal, o Concello da Coruña factura 680.000 euros a unha empresa que estivo en negocios co Instituto Nóos ou co presidente do Sevilla, Del Nido, condenado na Operación Malaya.

Negreira
photo_camera Negreira

Através de Emalcsa, a empresa municipal de augas, o Concello da Coruña que dirixe o conservador Carlos Negreira concedeu á Fundación Metrópoli o desenvolvimento dun plano denominado Coruña Futura, cuxo pomposo obxectivo é "marcar o camiño cara ao cal a maioría das cidades vangardistas do mundo están a construír para o seu futuro inmediato: a Cidade Intelixente".

Intelixente ou non, a Fundación Metrópoli vaille facturar ao concello da Coruña 680.000 euros pola realización dun plano que, segundo se olla en distintos ambientes da Coruña, podería agachar unha nova pelotada urbanística, tendo en conta que en danza están os terrenos que o porto exterior vai deixar libre no actual e que agora atopan problemas para seren urbanizados. Ese e non outro era o plano do ex alcalde Francisco Vázquez e as súas inmobiliarias amigas.

A Fundación Metrópoli foi socia de Nóos, da empresa do presuntamente corrupto Iñaki Urdangarín, no deseño dun proxecto chamado Valencia Olímpica que visaba a construción de 2.500 vivendas no parque natural de L'Albufera. Nunca chegou a materializarse.

Toda a información sobre este podes achala no Sermos Galiza en papel, xa nos vosos quiosques, nunha reportaxe da autoría de Rodri Suárez.

Comentarios