O BNG suspende relacións con CIU


A “intromisión sistemática” en asuntos que afectan aos intereses estratéxicos galegos ven de provocar a suspensión de relacións políticas do BNG con CIU. Nunha carta dirixida ao Secretario Xeral de Convergencia i Unió Josép Antoni Duran i Lleida, o portavoz nacionalista Guillerme Vázquez comúnicalle que deixan “en suspenso o marco de relacións” que viñan mantendo durante estes anos.


O AVE ou o futuro do sistema financieiro galego son algúns dos asuntos nos que a intromisión de CiU orixinou o malestar do BNG. Guillerme Vázquez sinala na súa carta dirixida a Durán i Lleida que “cualificados representantes de Convergència i Unió realizaron manifestacións públicas que supoñen unha intromisión sistemáticas en asuntos que afectana intereses estratéxicos de Galiza e denotan unha preocupante insensibilidade cos problemas da nosa nación”. As opinións arredor das infraestructuras ferroviarias ou o futuro financieiro por parte de membros da formación política catalana supón a quebra das “bases dunha relación sustentada no respecto mutuo e na reciprocidade”.

Lembra Guillerme Vázquez que o BNG xa manifestara o seu “desagrado” en ocasións anteriores pero é a teimosía dos cataláns o que agora obriga aos nacionalistas galegos a “deixar en suspenso o marco de relacións” que mantiñan as dúas organizacións.

Para o portavoz do BNG, os dous proxectos políticos mantiveron sempre “distancias e diferencias nas súas concepcións socioeconómicas” pero a relación substentouse no “respecto e o apoio mutuo ás cuestións claves de cada país”. A quebra desas regras de xogo orixina agora a decisión que o BNG transmite a CiU por medio dunha carta ao seu secretario xeral pero que tamén fai pública para mostrar publicamente as graves diferencias cos cataláns.

A suspensión é un paso máis dunhas relacións que se viñan enfriando nos últimos tempos, alonxadas xa do pacto subscrito en 2006 entre PNV, CiU e BNG co fin de reivindicar a plurinacionalidade do Estado ou mesmo a candidatura conxunta coa que concurriron ás eleccións europeas de 2004.

Comentarios