MACRO-PROCESO CONTRA SEGI

A tortura (re)aparece na Audiencia Nacional no xuízo a 28 moz@s vasc@s

O ‘macro-proceso’ contra independentistas vascos que decorre en Madrid nestes días está protagonizada polas testemuñas de torturas relatadas pol@s acusad@s.

loiola
photo_camera Foto: Naiz

Un total de 28 moz@s vasc@s están a ser xulgados estes días na Audiencia Nacional española pola súa militancia en Segi, organización independentista ilegalizada pola xustiza, que a considera a ‘rama xuvenil de ETA’. O ‘macro-proceso’ que decorre en Madrid estivo marcado até agora por dúas cuestións: os relatos de torturas dos e das imputadas, e o ‘muro popular’ erguido en Loioa por centos de persoas para protexer a 5 d@s moz@s acusad@s que non se presentaron perante a AN. A Ertzantza empregouse durante máis de tres horas para desfacer o muro e deter a esas cinco persoas.

“Mandáronme sacar o xersei e tocáronme os peitos. Despois golpeáronme”

Unha das declarantes na primeira xornada, Garazi Autor, relatou como unha vez detida “fixéronme sacar o xersei e a camisa. Tocáronme os peitos. Recibín golpes na cabeza, nas costas e puñadas no estómago. Outra das procesadas, Oihana López contou ante os maxistrados que “se non respostaba ás súas pregúntas, batíanme e espíanme”. Egoi Irisarri dixo que asinou a confesión despois de “vivir un inferno” en dependencias policiais, lembrando que mesmo tivo que ser trasladado ao Hospital Gregorio Marañón de Madrid.

As declaracións continúan esta terza feira coa presenza de cinco moz@s independentistas.

Comentarios