Sortu defende “axudar a Catalunya” ante a “intransixencia” española

A formación abertzale cre que “a mesma porta que se lle pecha á cidadanía catalá é a que se lle pecha á vasca e cómpre dar paso ao noso dereito a decidir”.

O presidente de Sortu, Hasier Arraiz, apostou por axudar ao “pobo catalán” a rachar coa "negación e a intransixencia" do Estado español, porque é "a mesma que pecha aos vascos o paso ao dereito a decidir en liberdade e democracia o futuro político de Euskal Herria".

EH Bildu celebrou este sábado no parque tecnolóxico de Miramón en Donostia unha asemblea para preparar o novo curso político na cal tomaron parte 300 persoas entre as que se atopaban dirixentes das catro formacións que conforman a coalición como Peio Urizar de EA, Oskar Matute de Alternatiba, Patxi Zabaleta de Aralar ou Joseba Permach da esquerda abertzale, así como cargos como o deputado xeral de Gipuzkoa, Martin Garitano.

Na súa intervención Arraiz defendeu que hai que "empurrar" desde aquí para "abrir ao noso pobo" a "pesada porta que están tratando de abrir en Catalunya, onde temos que axudar”.

Comentarios