Repartirán medio millón de libros por todo o mundo contra a dispersión d@s pres@s de ETA

Miles de persoas se manifestan a favor do retorno “a casa” d@s encarcerad@s nun acto no que tamén contaron co apoio da viúva dunha vítima de ETA ou de dous ex-lehendakaris.

presos eta
photo_camera Presos ETA

Miles de persoas reclamaron este sábado en Bilbao o fin da dispersión d@s pres@s de ETA por ser "un castigo engadido" e porque o seu final é un elemento "fundamental para construír a paz". A organización anunciou que ten como obxectivo "dar a coñecer ao mundo a dispersión". Para iso, editarán o que denominaron 'Libro da Dispersión', con 500.000 exemplares que repartirán "por todo o mundo" e onde "explicarán a cruel realidade", culminando o próximo 10 de xaneiro cunha manifestación polas rúas de Bilbo.

Convocouse unha grande manifestación en Bilbo o 10 de xaneiro

Organizado pola rede cidadá 'Sare', a iniciativa contou con intervencións emitidas nun vídeo do ex-dirixente de ETA Eugenio Etxebeste; o ex-dirixente de Xestoras pola Amnistía, Juan María Olano; os ex-lehendakaris Juan José Ibarretxe e Carlos Garaikoetxea ou Rosa Rodero, viúva do sarxento maior da Ertzaintza Joseba Goikoetxea, asasinado por ETA en 1993, entre outr@s. No acto, desenvolvido no pavillón Bilbao Area e que contou con actuacións musicais, proferíronse gritos a favor do regreso dos presos "a casa". Á cita asistiron o dirixente de Sortu Joseba Permach ou @s representantes dos sindicatos ELA e LAB, Mikel Noval e Ainhoa Etxaide, respectivamente, e o ex-conselleiro de Vivenda, Javier Madrazo.

Pola súa parte, o ministro de Interior, Jorge Fernández Díaz, abriu a porta a “cambiar a política penitenciaria” se ETA, que xa abandonou a actividade armada, se disolve.

Comentarios