Milleiros de persoas marchan en Elgoibar pola liberdade de Otegi e @s acusad@s de Bateragune

A localidade natal do encarcerado líder de Sortu volve saír á rúa para esixir a súa liberación e a de outr@s que están na cadea por facer política, ao tempo que incorporan a reivindicación do dereito a decidir.

otegi-crop
photo_camera Marcha a prol de Otegi.

Milleiros de persoas pediron este sábado na localidade guipuscoana de Elgoibar a liberdade d@s cinco encarcerad@s polo caso Bateragune, Arnaldo Otegi, Rafa Díez Usabiaga, Miren Zabaleta, Arkaitz Rodríguez e Sonia Jacinto.

A marcha partiu ás cinco da tarde da praza de Elgoibar e percorreu a localidade natal de Otegi detrás de dúas faixas cos lemas, en éuskaro, "Liberdade para os cinco" levada polos familiares, entre eles o coordinador xeral de Aralar, Patxi Zabalata, e Hodei Otegi, fillo de Arnaldo Otegi, e outra na que se dicía 'Decisión e palabra para Euskal Herria'.

Na marcha participaron representantes da sociedade civil a todos os niveis, desde pequenos empresari@s a sindicalistas; pasando por forzas políticas de todo sino agás as unionistas, coa excepción dalgún verso solto do PSE. Foi multitudinaria.

Comentarios