Jorquera chama a concentrar o voto no BNG como garantía de que o PP non terá maioría absoluta

O candidato do BNG afirmou no mitin en Lugo que Núñez Feijóo recorre á "estratexia do medo" ao estar "máis preocupado por desmobilizar e dispersar o voto que por presentar as súas achegas". Francisco Jorquera sinalou o proxecto do BNG como partida para "entre tod@s construír o cambio de rumbo que Galiza precisa"
Jorquera no mitin de Lugo
photo_camera Jorquera no mitin de Lugo

A praza de Santa María de Lugo acolleu esta segunda feira o mitin do candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera. Nun acto en que estivo acompañado polo cabeza de lista pola provincia, Cosme Pombo, o tenente de alcalde, Antón Bao e as candidatas Isabel Sánchez, Ana Ermida, Cristina Ferreiro e Mar Pérez Fra. Jorquera sinalou que as eleccións están totalmente abertas e que unha presa de votos pode decidir o resultado.

O candidato nacionalista sinalou que votar o BNG é votar "o que máis lle doe ao PP", alén de facer un chamamento a concentrar o voto na fronte nacionalista como garantía de que "o Partido Popular perda a maioría absoluta". E Núñez Feijóo, afirmou Jorquera, é consciente diso, de aí que estea máis preocupado por desmobilizar e dispersar o voto que por presentar propostas e ideas. "Recorre á estratexia do medo, ou o PP ou o caos".

Para Jorquera, darlle unha segunda oportunidade a Feijóo, a quen cualificou de peor presidente da historia da Galiza, sería "desastroso" para o país.

Non dar unha segunda oportunidade á dereita

Para Jorquera darlle unha segunda oportunidade a Feijóo, a quen cualificou de peor presidente da historia da Galiza, sería "desastroso" para o país. O PP entende, proseguiu, a maioría absoluta como unha carta branca con que pasar o rodete e sentirse impunes para aplicaren unha nova vaga de recortes e medidas contra a maioría social galega.

Nesta liña, o candidato do BNG lembrou que este mandato de Núñez Feijóo supuxo o peche de 3.000 explotacións gandeiras, a liquidación de 5.000 pequenas e medianas empresas e 113.000 novas persoas desempregadas. De aí que o cabeza de lista popular non mereza, apuntou, obter a confianza d@s galeg@s.

Fronte a un PP que leva como lema "Galiza por riba de todo" mais que despois é un partido submiso aos recortes e medidas adoptadas por Rajoy, Jorquera contrapuxo o BNG, "que non traizou o seu electorado".

Apela á mocidade para que opte polo voto rebelde

Francisco Jorquera fixo unha especial referencia á mocidade, aos que animoun a votar neste 21-O e a que opten polo BNG, o voto rebelde que "garante o voso futuro, para garantir que non teñades que coller a maleta e emigrar, malia ser unha das xeneracións mellor formadas”. Fronte a un PP que leva como lema "Galiza por riba de todo" mais que despois é un partido submiso aos recortes e medidas adoptadas por Rajoy, Jorquera contrapuxo o BNG, "que non traizou o seu electorado".

Soberanía como saída á crise

“Temos un proxecto aberto que queremos compartir e construír entre todos e todas e podemos conseguilo, o cambio de rumbo que precisa Galiza é posíbel da man do BNG”. Jorquera tamén advertiu sobre o proceso de recentralización que está a padecer o estado, ao que tanto Catalunya como Euskadi van dicir rotundamente non, “pois nós precisamos moito máis que Euskadi e Catalunya reclamar máis autogoberno”.

Comentarios