Jorquera sitúa o BNG como garante dunha mudanza real

O candidato nacionalista califica a Feijóo do pior presidente que tivo Galiza e chama á cidadanía a transformar o descontento social en enerxía para a alternativa

Francisco Joquera fixo unha intervención aberta aos medios no Consello Nacional do BNG, unha intervención na que o candidato á Xunta da Galiza sinalou que o adianto electoral de seis meses é xa de por si un exemplo do fracaso de Feijóo á fronte do país. Jorquera advertiu que Núñez Feijóo, ao que calificou do pior presidente que tivo Galiza, ha presentar a estas eleccións un programa de mentira, igual que o que fixo Rajoy a nivel de estado español.

Jorquera retou ao candidato do PP a un debate e emprazouno a non poñer "desculpas de mal pagador" para non dar ese paso. “Hoxe mesmo reto ao Partido Popular a debater ante toda a sociedade galega sobre o efecto Feijóo, a debater sobre os efectos da súa política que levaron a que Galiza agora, decrece máis que a media estatal e a que nunca na historia de Galiza houbera tantas persoas sen traballo, ou a que a débeda pública de Galiza pasara con Feijoo de 3.200 a 8.000 millóns de euros”.

Alternativas

Nesta liña, Francisco Jorquera incidiu en que o BNG ten alternativas e propostas para Galiza, á vez quue calificaba á formación nacionalista de garante de que haxa unha mudanza real. Para elo, animou á cidadanía a que o malestar social existente se transforme en enerxía de cara a unha alternativa o 21 de outubro.

O candidato do BNG lembrou como actúa o PP á hora da verdade e puco como exeplo que o Goberno Rajoy entrega 4.500 millóns de euros a Bankia mentres tolera o roubo do 70 por cento dos aforros d@s afectad@s polas preferentes.

Comentarios