Jorquera: "Na Galiza xa existe un frente amplo, que é o BNG"

O candidato do BNG di que a organización irá ás eleccións "co seu propio proxecto de programa, avalados por unha traxectoria", en referencia á apelación de Beiras dunha frente anti-PP

Horas despois de que Xosé Manuel Beiras lanzase en público, e sen concretar, unha chamada a IU e CxG, e extensiva ao BNG, a constituir unha frente anti-PP, o candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, e a preguntas dos xornalistas sobre esta cuestión sinaliu que o BNG irá á cita do 21-O co seu "propio proxecto, o seu propio programa, avalado por unha traxectoria", apuntando que se hai outros colectivos a discutir "quen son, de onde veñen ou a ònde van", son problemas que eles propios teñen que resolver

Jorquera tamén apuntou que na Galiza xa existe unha "frente ampla" que é o BNG, "que é un referente inequívoco do nacionalismo e a esquerda real".

Respecto

A preguntas dos xornalistas, Jorquera sinalou que respetaba todas as opcións políticas, máis tamén se preguntou como persoas que deixaron recentemente o BNG apelen agora a situacións de emerxencia "que xa existían" daquela para falar da necesaria unidade.

O candidato do BNG, segundo recollen as axencias de noticias, lembrou que xa no seu momento sinalara que os abandonos no Bloque Nacionalista Galego  dotou de argumentos á estratexia do PP de dar a "falsa imaxe" de que non hai alternativas aos populares.

Comentarios