Denuncian o PP de Ramirás por "carretaxe"

O BNG do Concello de Ramirás denunciou que membros do Partido Popular, empregaron un autobús non institucional para trasladar as persoas idosas da Residencia do Mosteiro até o colexio electoral. No que vai de xornada séguense a repetir as denuncias por todo o país, todas elas por incidencias desenvolvidas por parte do PP.
Autobús empregado para transladar ao electorado da residencia
photo_camera Autobús empregado para transladar ao electorado da residencia

O grupo municipal do BNG de Ramirás, denunciou perante a Garda Civil xudicial ao Partido Popular por empregar un autobús pagado polo partido para trasladar as persoas da Residencia do Mosteiro até o colexio electoral. Dúas das persoas --militantes do PP-- que se encargaban de acompañar @s idos@s no transporte, tiveron que declarar xunto co tenente de alcalde --da mesma formación política e familiar dunha das acompañantes--. O grupo nacionalista informou á presidencia da mesa electoral que farían constar en acta a incidencia ao remate da votación. 

No que vai de xornada, sucédense numerosas denuncias por todo o país, todas elas referidas ao comportamento de militantes e simpatizantes do Partido Popular. Entre elas, a Xunta electoral de Ourense decidiu derivar no xulgado de garda da cidade, unha denuncia presentada contra as monxas de Rairo que ao parecer, estaban a carrexar @ idos@s. 

Comentarios