Vaga de expedientes sancionadores da CNMV a Pescanova

Un dos procesos fai referencia á polémica venda por parte do ex-presidente, Fernández de Sousa, de case dous millóns de accións

Pescanova

A Comisión Nacional do Mercado de Valores ten activados unha serie de expedientes sancionadores contra Pescanova, segundo relata El Confidencial citando a fontes xudiciais.

Un destes expedientes da CNMV faría referencia á venda de case 2 millóns de accións por Fernández e Sousa semanas antes de que estoupase a crise de Pescanova. Fernández de Sousa, se desfixo nestes últimos tres meses da metade das súas accións, o que supón o 7% das participacións de Pescanova.

Outro dos procesos sancionadores está relacionado co engano que a CNMV entende que foi obxecto por parte de Pescanova cando esta lle informou de que no seu consello de administración do 14 de marzo acordara por unanimidade renegociar a débeda bancaria. Algo que foi desmentido horas despois por varios dos conselleiros.

Alén destes dous casos, os retrasos, escuridades e deficiencias na información contábel dada por Pescanova tamén será obxecto de expedientes.

Comentarios