Ultimato do sector gandeiro a Lactalis, líder en Galiza

A multinacional gala está a reter o diñeiro que percibe da distribución para que o traslade ás explotacións, denuncian. Hai 600 granxas afectadas en Galiza. Se o 21 de xullo non reverte ese diñeiro, comenzarán mobilizacións. 

tractorada. Imaxe Afriga
photo_camera Imaxe: Afriga

Lactalis recibiu esta semana o derradeiro aviso por parte do sector productor para que lles pague o diñeiro que retén “ilegalmente” desde hai meses e que xa motivaron concentracións de gandeiros. A multinacional gala, con dúas plantas en Galiza, Nadela e Vilalba, adebeda, segundo cálculos de Unións Agrarias, un millón de euros a 600 granxas galegas. Cartos procedenets da distribución, que en decembro, e após as mobilizacións do sector, se comprometeu a pagar á industria 2 céntimos de litro máis por litro de leite para que os trasladase ás explotacións. Mais eses cartos non chegaron nin chegan ao seu destino.

Por iso, a organización agraria deulle un ultimato a Lactalis con data tope o 21 de xullo. Ou hai rectificación desta industria e compromisos de ingresar ese diñeiro a quen lle pertence, os gandeiros, ou comezarase unha campaña contra a multinacional francesa centrada en sinalar os produtos da marca nos centros comerciais. A comezos de 2016 uns 200 produtores concentráronse diante da planta de Lactalis en Vilalba para exixir ese pagamento. A compañía comprometeuse a facelo. Mais seis meses despois, esta empresa segue sen repercutir en 600 granxas galegas o diñeiro que a distribución lle dá para ese fin. Desde o sector agrario non se desbota mesmo recorrer á vía xudicial.

A filiar galega de Lactalis repercute anualmente máis de 2 millóns de euros en dividendos á compañía francesa. Produtos desta marca son Puleva, La Lechera ou President, entre outros. A multinacional foimultada por Competencia con case 12 millóns de euros por “prácticas-anticompetitivas”. Lactalis xa foro obxecto de protestos dos gandeiros galegos en novembro do ano pasado por manter os contratos á baixa. En setembro de 2015, amultinacional francesa recorreu á vía xudicial contra os gandeiros que mantiñen bloqueada unha das súas factorías en Galiza no marco das mobilizacións do sector.

Comentarios