Solicitan que se trate no Parlamento a situación límite de Alcoa

O BNG urxe a unha reunión da Deputación Permanente ante a incertidume de se a empresa terá unha tarifa eléctrica competitiva. Alcoa emprega a máis de 2.000 persoas na Mariña
Alcoa San Cibrao
photo_camera Alcoa San Cibrao

O 5 de outubre é o tope de espera fixado por Alcoa para saber se vai contar cunha tarifa eléctrica competitiva que lle permita seguir coa produción de aluminio na Mariña, comarca onde leva asentada desde os 70. Existe entre as e os mariñáns unha gran preocupación de que a empresa opte por trasladarse de non dispor dun custo enerxético menor. E falar de Alcoa é falar de de 2.000 postos de traballo directos e o 35% do PIB da provincia de Lugo.

Concientes da grave desta situación, desde o BNG veñen de solicitar que se convoque de urxencia a deputación permanente do Parlamento de Galiza para fixar unha postura sobre Alcoa.

O responsábel comarcal da fronte nacionalista na Mariña e vicepresidente da Deputación provincial de Lugo, Antonio Veiga, considera que “xa non hai tempo para buscar solucións, é o momento de dar a coñecer como se pode resolver o problema da tarifa eléctrica. Estamos nunha situación límite a consecuencia da falla de preocupación, interese e acción de goberno dos executivos central e autonómico”.

O BNG desconfía de que “o Partido Popular estea a tensar a situación para presentar a solución ao futuro de Alcoa na Mariña no último momento e xusto ao inicio da campaña electoral. A estas alturas é incompresible que o goberno do Estado non presentara ningunha alternativa para evitar o peche da factoría”.

Mobilizacións

Por outra banda, o cadro de persoal de Alcoa celebra esta cuarta feira unha asemblea para avaliar a posibilidade de reiniciar as mobilizacións e protestas

Comentarios