DENCUNCIA A CIG

Un servizos mínimos do 100% boicotean a greve en Alcoa

O paro tivo que desconvocarse ao fixar a empresa unha produción do 100% da capacidade. O comité anuncia que emprenderá accións legais por “vulnerar o dereito constitucional á greve”.

alcoa coruña

A greve convocada polo Comité de empresa de Alcoa Inespal no departamento de electrólise quedou finalmente desconvocada debido ao “boicot da empresa, que impuxo uns servizos mínimos do 100% e obriga a traballar ao persoal deste departamento como nunha xornada habitual”, denuncia a CIG.

En greves anteriores, a dirección impuxera uns servizos mínimos só destinados ao mantemento e seguridade das persoas e das instalacións. Estes servizos mínimos, denuncia a Sección Sindical da CIG en Alcoa, non foron negociados coa representación do persoal e resultan tan abusivos que para cumprilos, a dirección mesmo tería que “contratar” persoal adicional para poder cubrir o servizo.

Fronte a esta actuación patronal, o Comité de empresa da fábrica de aluminio da Coruña xa anunciou que vai recorrer os servizos mínimos nos tribunais de xustiza.

Comentarios