Catro días de greve na factoría coruñesa de Alcoa

Os operarios pararán catro horas centrais en cada unha das quendas, mañá, tarde e noite. Denuncian que os responsábeis da empresa queren levar Alcoa a un “colapso técnico” como desculpa para fechala.

alcoa coruña

O cadro de persoal de Alcoa volve mobilizarse. Desta volta, nunha greve de catro días, desde esta segunda feira 28 de decembro até o 31 deste mes, no departamento de electrolise. Os traballadores acordardaron por unanimodade en asemblea impulsar esta greve perante a “situación insostíbel” que se vive na factoría coruñesa. A greve consistirán en paros nas catro horas centrais de cada unha das quendas: mañá, tarde e noite.

Os argumentos do Comité de empresa, explicados nun comunicado, para este paro de catro días pódense resumir en dous. Por unha banda, a empresa está a mofificar substancialmente as condicións de traballo, en ocasións sen sequer comunicalo. Por outra, os operarios sospeitan que Alcoa quere levar a factoría coruñesa a un “colapso técnico” como paso previo para poder xusfificar o feche. “Así evitaráin vendela á competencia e asegurarse o noso mercado para o aluminio fabricado na súa factoría de Arabia Saudí”. A isto engaden a denuncia de que se está a colocar persoal sen experiencia nin coñecementos á fronte de áreas clave da factoría.

O Comité criticou os servizo mínimos “abusivos” que estableceu a dirección da factoría para estes catro días, o que levou os operarios pedir a arbitraxe “urxente” do Consello galego de relacións laborais, o que foi rexeitado pola dirección.

Comentarios