sábado 11.07.2020

30 familias españolas controlan 32.000 millóns de euros, catro veces os orzamentos de Galiza

A revista Forbes elabora un informe dos españois aos que os cartos rebordan dos petos. Encabeza a listaxe Amancio Ortega. Son 30 familias. E manexan máis de 32.000 millóns de euros. Holanda ou Suíza son algún dos seus sitios favoritos aos que recorrer para non pagar impostos no Estado español.

A riqueza no Estado español, cousa de familia. Concretamente, de 30 familias

Forbes é a revista que gosta [email protected] [email protected] e da que gostan @s ricos. Este magazine especializado no mundo dos negocios e as finanzas posúe delegación no Estado español, que vén de elaborar un informe sobre as 100 personalidades españolas máis ricas. Un documento que vai ser publicado a finais do presente mes mais do que xa se adiantaron algúns datos. Por exemplo, que entre 30 familias do Estado español atesouran máis de 32.000 millóns de euros. Unha cifra enorme. Por exemplo, catro veces os orzamentos públicos da Xunta de Galiza para 2014.

E tan só entre tres destas familias manexan máis de 11.200 millóns de euros. Amancio Ortega encabeza a clasificación, nada estraño se temos en conta que o propietario de Inditex é a terceira fortuna do mundo.

Nomes e preferencias

Segundo adianta a propia revista Forbes, entre as 100 personalidades máis ricas do Estado español están Juan Roig (Mercadona); Isak Andic e familia (Mango); Manuel Jove; Rafael del Pino (Ferrovial); Juan Abelló; Florentino Pérez (ACS); ou Gabriel Escarrer (Meliá).

Forbes afirma que entre os nichos de negocio nos que se asentaron estas familias para conseguir as súas fortunas están o sector téxtil, a venda de inmobles, o mundo dos investimentos, finanzas bursátiles ou a alimentación, entre outros.

Poñer os cartos lonxe de Facenda

Ademais, a maior parte destas familias puxeron a salvo os seus beneficios mediante o que se coñece eufemisticamente como “internacionalización de empresas” (operación para non pagar tantos impostos) principalmente en Holanda, Luxemburgo e Suíza. 

comentarios