Fernando García, de Galibus: "O que pasa coa Xunta e Monbus é moi descarado"

"O que di o Tribunal Supremo  reforza o que dicimos nós nestes dous anos", asegura, ao fío da sentenza contra as adxudicacións da Xunta a Monbus.
Autocar da compañía Monbus, que controla 80% das liñas na Galiza. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Autocar da compañía Monbus, que controla 80% das liñas na Galiza. (Foto: Nós Diario)

"É moi descarado o que está a pasar nestes anos coa Xunta e Monbus". Fernando García, portavoz de Galibus, colectivo que reúne 30 empresas de transporte de viaxeiros por estrada e impulsora do recurso contra a decisión da Comisión Galega da Competencia de non actuar ante o "reparto ilegal do mercado" por Monbus e Alsa, confía en que o auto do Supremo supoña un "punto e á parte" nesa dinámica.

"O que di o Tribunal Supremo  reforza o que dicimos nós nestes dous anos", asegura. García afirma a Nós Diario que "Xunta e Monbus puxéronse de acordo para acaparar o mercado na Galiza" de transporte de viaxeiros por estrada.

Unha decisión que, entre outras cuestións, como a "desaparición" de moitas empresas familiares no sector, implicou un "empeoramento" do servizo, indica o representante de Galibus. "Xorden colectivos e plataformas en Vigo, Ribeira, Ourense, Ferrol... para protestar".

García lembra que Galibus ten en marcha outras denuncias sobre adxudicacións de lotes de transporte regular e escolar por parte da Xunta a Monbus aínda pendentes de sentenza. 

"Conivencia e trato de favor"

O BNG reclamou esta quinta feira explicacións á conselleira de  Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ante a sentenza firme do Tribunal Supremo contra Monbus e Alsa pola repartación ilegal do concurso da Xunta. O BNG acusa a conselleira de "conivencia e trato de favor", ao igual que á Xunta da Galiza e ao Partido Popular, "por beneficiar a empresas amigas con servizos públicos".

Comentarios