Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 29 de decembro

O prezo máis baixo deuse entre as 4 e as 5 horas, con 0,03 euros/MWh.
O prezo da luz subiu multiplicouse por doce no último ano (Foto: Nós Diario).
photo_camera A luz é hoxe 91,1% máis barata que un ano atrás. (Foto: Nós Diario)

O prezo medio da luz para as persoas clientas de tarifa regulada vinculadas ao mercado grosista baixará esta quinta feira até os 16,15 euros por megawatt hora (MWh), o que supón un descenso de 61,1% a respecto desta cuarta e o segundo rexistro máis baixo desde o 9 de maio de 2021, cando se situou en 10,53 euros/MWh. O pasado 25 de decembro o prezo foi de 12,62 euros/MWh, o menor no último ano e medio.

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado grosista, o denominado pool, sitúase para esta quinta en 16,19 euros/MWh. O prezo mínimo, de 0,03 euros/MWh, deuse entre as 4 e as 5 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 19 e as 20 horas, con 32,5 euros/MWh, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

Por outra parte, o prezo do pool era hai xusto un ano, o 29 de decembro de 2021, de 181,09 euros/MWh, o que representa unha caída en comparanza co día de hoxe de 91,1%.

A este prezo do pool súmase a compensación ás gasistas, que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estaren no mercado libre, teñen unha tarifa indexada, que para esta quinta feira ficará en cifras negativas (-0,04 euros/MWh).

En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo no Estado español sería de media duns 68,97 euros/MWh, o que supón 52,82 euros/MWh máis que coa compensación para clientes da tarifa regulada, que pagarán así 76,58% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade desde un prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh até a finalización da medida.

Comentarios