O presidente de Pescanova vendeu nos tres últimos meses o 7% das accións da empresa

A empresa de Chapela presentou formalmente esta segunda feira o concurso voluntario de acredores. E Fernández de Sousa, o seu presidente, recoñeceu ao CNMV que vendeu a metade das súas accións nos tres últimos meses. A CNMV podría sancionalo por ocultar eses movementos e importantes accionistas xa mostraron a súa "indignación" co presidente

Pescanova

Non hai día que Pescanova non de unha sorpresa. Algo impensábel antes do 1 de marzo (no que pediu preconcurso), cando esta empresa era exemplo de tranquilidade e fiabilidade no seu navegar polos mares da economía global.

Esta segunda feira, Pescanova presentou formalmente o concurso de acredores. Unha suspensión de pagos que, sen embargo, e segundo a dirección da empresa, non debe ser motivo de inquedietude. É, insisten, unha manobra para evitar a liquidación. para poñer orde dentro da casa e facer fronte á débeda. Unha débeda que pode atinxir os 2.700 millóns de euros, unha cifra considerábel e moito máis alta que a que se apuntaba a un principio (por volta de 1.500 millóns de euros). De feito, o de Pescanova é o segundo concurso de acredores máis 'grande' de Galiza, após o de Martinsa-Fadesa, que andaba polos 7.000 millóns.

Terremoto

Mais a noticia que verdadeiramente pode supoñer un terremoto é a de que o presidente de Pescanova, Fernández de Sousa, se desfixo nestes últimos tres meses da metade das súas accións, o que supón o 7% das participacións de Pescanova. Sousa tería vendido perto de dous millóns de títulos (en concreto, 1.986.196 títulos) nestes últimos tempos. Ou sexa, ás portas de que a firma entrase 'en barrena'.

Esta noticia incrementa as sospeitas de que nalgúns altos cargos de Pescanova sabían ben o que había e intentaron se desfacer de accións e títulos cando estes aínda tiñan valor no mercado.

Aliás, este novo escenario pode ter consecuencias de alcance: Até o de agora críase que o presidente de Pescanova posuía o 14% das accións, polo que tila marxe de abondo para facer fronte aos seus opositores principais no consello de administración: Damm e Luxempart, que andaban polo 13%. De feito,desde Damm xa se ostraron "indgnados" por esta revelación.

Mais agora, coa venda dese 7%, Fernández de Sousa queda só con outro 7% dos títulos. Segue a ser o accionista maioritario. Mais a súa marxe de manobra quedou moi,moi reducida. O risco de desgaleguización,máis presente ca nunca 

Comentarios