Ninguén evita a Facenda: a nova lista de persoas públicas morosas

O futbolista Neymar aparece primeira vez na lista de persoas que deben diñeiro ao ministerio e chega directamente á primeira posición con máis de 34 millóns de euros sen tributar.

neymar
photo_camera O futbolista Neymar está o primeiro na listaxe. (Foto: AFP7 / Europa Press)

O que fora xogador do FC Barcelona, Neymar, colouse na última actualización da listaxe de persoas morosas tecida polo Ministerio de Facenda. O futbolista, que debe 34,6 millóns de euros, é o rei desta peculiar estatística pero non é a única cara coñecida que sae no documento.

Malia que o brasileiro quitoulle o primeiro posto ao empresario Agapito García Sánchez, que ten pendentes de pagar ao fisco 15,97 millóns, este último segue tamén en posicións elevadas.

Para atopar outras persoas de relevancia, de sobra coñecidas por todos, habería que baixar até abeirar os dous millóns de euros, que é o que fai que o ex campión de motociclismo Sito Pons apareza no ranking.

A actriz Paz Vega ten sen abonar 2,63 millóns. De feito aumentou a súa débeda, ao igual que o fixo a presentadora Patricia Conde que xa suma impagos por valor de 1,88 millóns de euros.

Tamén hai persoas que deciden ir reducindo o cómputo, como é o caso do ex presidente de Banesto, Mario Conde, que de todas maneiras continúa aparecendo como moroso.

Estes eran os datos recabados ao finalizar o pasado exercicio e comunicados hoxe, segundo os cales estas situacións non responden a un aprazamento nin unha suspensión. Adebédanse por unha negativa ou imposibilidade de pagar.

Empresariado, banca e protagonistas da prensa do corazón

O que estivera tanto no Goberno do estado español como en Bankia e que está de actualidade estes días, Rodrigo Rato, conseguiu saír do informe ao igual que o abogado José Emilio Rodríguez Menéndez (coñecido polas súas aparicións na prensa do corazón hai algún anos) e o colaborador de programas de Mediaset Kiko Matamoros.

“A listaxe de morosos de Facenda abandónase nos casos nos que os debedores reducen a súa débeda por baixo do millón de euros, aínda que se aproxime a esa cifra, ou por outros supostos como cancelacións pola cobranza ou por prescrición ou por insolvencia definitiva, entre outros, sen prexuízo de que poidan volver aparecer a posteriori”, indican desde o ministerio.

O seu falecemento por coronavirus fixo que o ex presidente do Real Madrid Lorenzo Sanz deixara de formar parte dos apuntamentos negros de Facenda. A nivel de sociedades, aínda figuran empresas de que foi tesoureiro do PP, Luis Bárcenas, que sempre está de actualidade, e de José Luis Moreno.

Tamén Javier Merino, tamén vello coñecido das revistas do corazón pola súa relación coa ex modelo Mar Flores, soporta débedas por encima dos tres millóns de euros, pero partilladas entre varios negocios.

Unha liga de impagos

A listaxe é ben longa e con facturas impagadas por importes sorprendentes. Por exemplo, a estas alturas, o Grupo Isolux Corsán vai por diante no capítulo de sociedades con 315,8 millóns acumulados, novamente máis que en 2018. Non abandona este capítulo Martinsa-Fadesa, grupo recoñecido na Galiza, malia que si foi facéndose cargo dalgunha cota.

E se hai xogadores con malas relación coa facenda pública, era previsíbel que tamén houbese clubes deportivos nas mesmas circunstancias. O Real Murcia queda segundo nesta competición con 10,77 millóns de euros, pola dubidosa victoria da Unión Deportiva Salamanca (13,44 millóns). O podio o Club Basquet Xirona (10,12 millóns).

Comentarios