Que medidas recolle o plan do Goberno español contra a crise?

A vicepresidenta primeira, Nadia Calviño, insistiu en que a crise de prezos tivo como principal causa a "inxustificada agresión" de Rusia e a guerra en Ucraína.
Yolanda Díaz, Nadia Calviño e Teresa Ribera presentan o plan estatal contra a crise. (Foto: Europa Press)
photo_camera Yolanda Díaz, Nadia Calviño e Teresa Ribera presentan o plan estatal contra a crise. (Foto: Europa Press)
  1. Obxectivos do plan
  2. Medidas expecíficas no ámbito económico
  3. Aumenta o apoio ás empresas

 

O Goberno español vén de presentar nesta terza feira o seu plan estatal contra a crise de prezos das últimas semanas. As tres vicepresidentas do Executivo, Nadia Calviño, Teresa Ribera e Yolanda Díaz, compareceron nunha rolda de prensa para detallar que medidas ten pensado levar a cabo nas vindeiras semanas.

A vicepresidenta primeira, Calviño, foi a encargada de explicar o plan aos medios. Insistiu en que a crise de prezos tivo como principal causa a "inxustificada agresión" de Rusia e a guerra en Ucraína, e afirmou que este paquete de medidas, que se articulará mediante un real decreto lei e "distintos instrumentos normativos e non normativos", supón "unha mobilización extraordinaria de recursos públicos de até 16.000 millóns de euros".

Obxectivos do plan

Tal e como apuntou, o plan consta de oito obxectivos a cumprir, a fin de dar unha solución á crise de prezos. O primeiro é., precisamente, baixar o prezo do gas, da electricidade e dos combustíbeis. En segundo lugar, o Goberno español afirma querer apoiar os sectores e empresas máis afectados, centrándose sobre todo nas pequenas e medianas empresas (pemes) e nos autónomos.

Outros dous obxectivos son, por unha parte, reforzar a estabilidade de prezos, coa vista posta en evitar unha "espiral inflacionista", e pola outra, garantizar a chegada de subministristos aos diferentos helos da cadea produtiva.

En quinto lugar, o Executivo estatal aboga por protexer a estabilidade financeira. Tamén acelerar a implementación do plan de recuperación, centrado especialmente na consecución da "autonomía estratéxica".

Os dous obxectivos do plan contra a crise son impulsar a eficiencia enerxética e reforzar a ciberseguridade.

Medidas expecíficas no ámbito económico

En primeiro lugar, as medidas destinadas a axudar a familias, persoas traballadoras e persoas refuxiadas ucraínas. A principal medida neste sentido é a rebaixa dun mínimo de 20 céntimos en cada litro de combustíbel até o 30 de xuño para todos os usuarios. Deles, 15 corresponderán á aportación do Estado, mentres que o resto chegará das porpias petroleiras.

Prohibirase o despido obxectivo daquelas empresas que perciban axudas directas, e porase en marcha unha limitación extraordinaria da revisión dos alugueres durante, cando menos, tres meses. Tamén se incrementará 15% o Ingreso Mínimo Vital (IMV); prorróganse os descontos do bono social de electricidade; e estenderanse até o 30 de xuño as medidas fiscais vencelladas á factura da luz.

En segundo lugar, Calviño detallou o segundo paquete, composto pola medidas destinadas a apoiar o tecido económico e empresarial. Entre elas, a posta en marcha de axudas sectoriais para os ámbitos máis afectados; unha partida de 1.000 millóns de euros para axudas ao sector dos transportistas: unha bonificación adicional de 80% da taxa de buque e a taxa de mercadoría en  liñas marítimas de conexión entre a Península Ibérica e os portos extrapenínsulares; e a inclusión de diversos instrumentos para o adiamento extraordinario no ingreso das cotas da seguridade social.

No ámbito da ciberseguridade, o Executivo aprobará un plan nacional de ciberseguridade cunha iinversión de 1.200 millóns de euros; constituirase un centro de operacións estatal de ciberseguridade; e adoptarase un real decreto lei de ciberseguridade 5G que traslada á normativa estatal as funcións delegadas até o de agora na normativa das autonomías.

Aumenta o apoio ás empresas

Outra das medidas que impulsará o Goberno español para protexer as empresas é a aprobación dunha nova liña de avais por 10.000 millóns de euros, que se poderán conceder até o 31 de decembro de 2022, e que terán un período de carencia de 12 meses.

Tamén se flexibilizará o código de boas prácticas que até o de agora se aplica aos avais de "créditos covid", e se habilitará un período de carencia de 6 meses a peticións dos debedores nos sectores económicos máis afectados.

Por outra banda, porase en marcha unha liña de axudas directas por valor de 362 millóns de euros para os sectores gandeiro e agricultor; 68 millóns de euros para o pesqueiro; 500 millóns para empresas con gran consumo de electricidade; 125 millóns para a industria gas intensiva; e 450 millóns de euros para as empresas de transporte de mercadorías e de viaxeiros.

Medidas en materia laboral

A seguinte en intervir foi a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que anunciou que, en primeiro termo, aprobarase un paquete de medidas por un importe superior a 2.700 millóns de euros, cuxo obxectivo e favorecer a inserción no mercado laboral das mulleres e da mocidade.

O Executivo estatal prohibirá os despedimentos cando estes se produzan por causas relacionadas co incremento dos prezos da enerxía, e cando as empresas acudan aos mecanismos dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE).

Comentarios