Audiencia Nacional imputa a Sousa e parte do consello por falsear contas e uso de información relevante

Pablo Ruz, xuíz da Audiencia Nacional, admitiu tres das querelas presentadas por accionistas da pesqueira contra o presidente e parte do consello de administración da multinacional.

Segundo informa El País, o maxistrado imputa ao presidente de Pescanova, Fernández de Sousa, por falseamento de información económica e financeira, falseamento de contas anuais e uso de información relevante.

Aliás, e segundo o xornal madrileño, o xuíz tamén imputa por este último delito a outros dous membros do consello de administración

Entrevista

Esta nova prodúcese poucas horas despois de que o presidente de Pescanova falase ao fin. Fíxoo nos micrófonos da cadea Ser. Comezou recoñecendo que non fora bo tanto silencio, e que tería que telo feito antes.

Fernández de Sousa fixo un relato auto-exculpatorio no que reiterou que Pescanova era a súa vida e que nela investiu todo o que tiña (“sacrifiquei a miña vida, a miña familia, o meu patrimonio”). Lembrou que mesmo días antes do preconcurso destinou 10 millóns de euros á empresa. Non dixo que oos recuperou en tres meses e cun beneficio de medio millón de euros.

Xustificou non ter presentado as contas en que tiñan desinvestimentos en marcha en Chile. A crise en que acabou esta multinacional debeuse, asegura, á falla de crédito. Só recoñece que se equivocou ao non valorar a crise financeiro.

Tamén quixo Fernández de Sousa mandar unha mensaxe de tranquilidade interna, cara o cadro de persoal, dicindo que se estaba pagando os salarios, e externa,ao indicar que "non uqero que Estado español perda a maior empresa do mundo do sector"

Comentarios