A CNMV abre expediente sancionador a Luís de Valdivia

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) abriu esta terza feira un expediente sancionador ao presidente e primeiro accionista da compañía enerxética Ecoener, Luís de Valdivia, e ao seu director xurídico, Fernando Rodríguez.

Luís Castro Valdivia, propietario de Ecoener. (Foto: Europa Press)
photo_camera Luís de Valdivia, propietario de Ecoener. (Foto: Europa Press)

Un e outro, membros do consello de administración da eléctrica, recibiron financiamento de Ecoener, para a subscrición de accións do grupo no seu debut bolsista, incumprindo a prohibición legal de asistencia financeira. A CNMV considera que a enerxética galega incorreu nunha infracción do artigo 150.1 da Lei de sociedades de capital.

Este precepto prohibe que unha empresa poida anticipar fondos, conceder préstamos, prestar garantías ou facilitar algún tipo de asistencia financeira para a adquisición das súas accións ou de participacións ou accións da súa sociedade dominante por un terceiro.

Ecoener

Ecoener é unha das principais empresas enerxéticas con sede social na Galiza. O seu consello de administración conta coa presenza de significados ex altos cargos do PP, como antigos ministros de Aznar, Eduardo Serra e Ana de Palacio, ou da conselleira de Feixoo, Marta Fernández Currás. Luís de Valdivia foi investigado no seu momento pola fiscalía en relación coa trama eólica da época de Manuel Fraga

Comentarios