Catro de cada dez fogares galegos teñen como principal fonte de ingresos as prestacións

Na última década a porcentaxe de fogares nos que os salarios son máis de 50% dos seus ingresos totais diminúe 4,89 puntos.

Xente camiñando_Youtube

45,3% dos fogares galegos teñen como fonte principal de ingresos os salarios mentres que os que teñen como fonte principal as prestacións son 43,78%. Os fogares que teñen como fonte principal o traballo por conta propia non chegan a 10%. Son dados do Instituto Galego de Estatística (IGE).

En 44,49% dos fogares galegos os salarios representan máis da metade dos ingresos totais do fogar, mentres que en 32,74% os salarios representan máis de 75% e só en 24,20% os ingresos constitúen a totalidade de ingresos do fogar.

Se analizamos estas porcentaxes para os anos 2007 e 2017 en Galiza a porcentaxe de fogares nos que os salarios son máis de 50% dos seus ingresos totais diminúe 4,89 puntos en todo o período, mentres que a porcentaxe de fogares nos que as prestacións son máis da metade dos seus ingresos aumenta 6,04 puntos porcentuais.

Comentarios