Audiencia Nacional pescuda se Pescanova falseou as contas desde 2009

Desde entón e até 2011 a pesqueira declarou beneficios superiores os 120 millóns de euros, cando tivo perdas

Pescanova

Pescanova non para de dar sorpresas. Negativas, iso si. A Audiencia Nacional sospeita, segundo sinalan en El Economista, que a pesqueira leva falseando as contas desde 2009. Que esa práctica, logo, non foi só noúltimo ano. No último auto do xuíz Pablo Ruz, este apuntaba que nas contas de 2009 a 2011 non estaría reflectida unha “imaxe fiel” dos números de Pescanova.

Así, neses anos a pesqueira declarou un beneficio conxunto de máis de 120 millóns de euros. Na realidade, xa estaría a ter perdas. A Audiencia Nacional quere confirmar esa sospeita e, de ser certa, ver cal sería a cantidade das mesmas.

Deloitte segue a negociar coa banca acredora un crédito de urxencia e por volta de 55 millóns de euros. Cartos que se precisan “si ou si” para evitar ter que se desprender de activos da pesqueira

Comentarios