Asturias pide que o Estado interveña Alu Ibérica, a Xunta garda silencio

O persoal das factorías da Coruña e Avilés instaron os Executivos galego e asturiano a pular por unha intervención das plantas.

Alu ibérica
photo_camera Protesta de persoal de Alu Ibérica.

As organizacións sindicais con presenza na Mesa industrial creada para o mantemento da actividade nas plantas de aluminio da Coruña e Avilés instan o Goberno español, galego e asturiano a que tomen “as medidas legais necesarias para a intervención e control público da planta para poder garantir o emprego e a continuidade produtiva”.  

Unha petición que xa tivo resposta desde Asturias. A Xunta Xeral do Principado vén de reclamar ao Ministerio de Industria que tome o control e a xestión directa das factorías da antiga Alcoa, agora Alu Ibérica, até que se garanta o cumprimento dos acordos acadados entre a empresa e os traballadores e traballadoras das factorías de Avilés e A Coruña.

A proposta, de Esquerda Unida, foi aprobada co apoio de socialistas e Podemos e a abstención de PP e Cs.

Mentres, na Galiza, o Goberno galego garda silencio perante a petición do persoal da planta da Coruña. A xunta de Feixoo non gosta de palabras como “intervención”, malia ter competencias para iso. A raíz do conflito de Alcoa en San Cibrao, a nacionalización ou intervención volve situarse no primeiro plano do debate político.

Comentarios