Novagalicia Banco ten preto de 43.0000 clientes con participacións preferentes e obrigas subordinadas perpetuas, por unha cantidade que supera os 961 millóns de euros. Mais bastou unha mínima parte d@s afectad@s, arredor de 1.700, para facer que a demanda de acción colectiva que pepara a Fiscalía da Galiza contra a entidade financeira se retrase na súa presentación, para poder analizar polo miúdo este volume de casos.
A acción xudicial pedirá a nulidade das "cláusulas abusivas" sobre estes clientes que aceptaron preferentes e subordinadas. Se ben o que atinxe a NGB serían 43.000 persoas, no que atinxe ao conxunto das preferentes e diversas entidades financeiras na Galiza a cifra de prexudicados elevaríase a preto de 100.000.
Cómpre lembrar que a comezos do pasado mes de xuño, o BNG conseguiu o respaldo unánime da Cámara para dúas proposicións non de lei, sobre a fraude das preferentes e sobre a devolución das indemnizacións millonarias dos ex directivos de NGB. Neste último caso, a proposta nacionalista insta ao Goberno a que pida a intervención do Banco de España e do Ministerio de Economía para que tome as medidas oportunas a ese respecto