A Liga galega de fútbol gaélico suspéndese de forma indefinida

A obriga de dispor dun seguro de accidentes para todas as competicións, a causa, que a organización agarda resolver.

estrela vermelha

Liga galega de fútbol gaélico ten que se suspender de forma indefinida. Así o veñen de comunicar desde a asociación galega a través dun comunicado. O motivo desta medida é a obrigatoriedade introducida coa modificación da Lei do deporte e que obriga a dispor dun seguro de accidentes deportivo para todas as competicións deportivas, sexa amateur ou profesional, e calquera que fose o seu ámbito.

“Sentimos profundamente os problemas que isto está a ocasionartanto aos clubes afiliados á asociación como aos siareiros. Estamos traballando duramente para atopar unha solución o antes posible e retomar a normalidade, pero, dende a responsabilidade, vémonos forzados a tomar esta medida.”, explican. A Asociación está a intentar fechar un seguro colectivo que cumpra coa lei 13/2015 do 25 de decembro. Tarefa que non é doada, recoñecen, por mor de ser este un deporte minoritario.

Comentarios