O Estrela Vermelha conquista por terceiro ano consecutivo a Liga galega de fútbol gaélico

Os compostelán manteñen a hexemonía na categoría masculina desde 2014. O club achega 6 xogadores e 3 xogadoras na pre-convocatoria para a selección galega que en agosto vai desputar o mundial en Dublín.

estrela vermelha

O Estrela Vermelha, máis unha vez, campión da Liga galega de fútbol gaélico. Como no 2014, como no 2015, tamén en 2016 os 'picholeiros' erguen a bandeira do campionato na categoría masculina. En feminina, as gañadoras foron as coruñesas Fillas de Breogán.

O Estrela Vermelha é, ademais, unha das equipas galegas que competirá por traer para Galiza a primeira Copa ibérica de fútbol gaélico, até o de agora un trofeo que se resiste e é acaparado por Madrid e Barcelona.

Pre-convocatoria selección nacional galega

Xa hai pre-convocatoria para a selección nacional galega, que en agosto desputará o mundial en Dublín (Irlanda), berce e fogar dun deporte, o fútol gaélico, que ben prendeu no noso país, como amosa o aumento no número de equipas, xogadores e afeccionados.

Na pre-convocatoria para a selección masculina hai 6 xogadores do Estrela Vermelha, outros 6 de Irmandinhos e 5 de Fillos de Breogán. O Pontevedra achega 2 xogadores e Mecos, Ártabros, Herdeiros de Dhais e Braithreaches, 1 cada un.

No que atinxe á selección feminina, Fillas ten 10 xogadores pre-convocadas, as Irmandinhas, 9, Pontevedra 5, Estrela Vermelha, 3. Braithreachas, Auriense e Mecas, unha cada equipa.


 

Comentarios