Clapton CFC: o fútbol inglés que homenaxea as Brigadas Internacionais

Este club tivo que suspender a venda da nova camisola da equipa - coas cores da bandeira republicana española, co emblema dos brigadistas que conmbateron o franquismo e co lema 'No Pasarán'- ao non poder atender as miles de encomendas.

clapton2
photo_camera clapton2

O Clapton CFC é unha equipa de fútbol amador de Londres que se distingue pola súa aposta nun deporte de base, afastado do modelo de negocio, e por asentar en base a valores como o antiracismo e o antifascismo. Recentemente para os seus partidos fóra de casa estreou unha nova equipación, creada para homenaxear as Brigadas Internacionais que combateron contra o fascismo na Guerra Civil española.

clpton

A camisola ten as tres cores da bandeira republicana española, a estela de tres puntas usada polas Brigadas, as tres frechas do antifascismo e a inscrición "No pasarán" nas costas. En poucos días venderon máis de 5.000 camisolas e tiveron que parar por non dar atendido todas as ecomndas que reciben, nomeadamente do Estado español.

O autor do deseño afirma que "eu quería facer algo que subliuñase a importancia do sacrifico daqueles que combateron o fascismo". As redes sociais fixeron de catapulta e en vez das 250 camisetas que o clube prevía facer tiveron que encargar máis de 5.000. O Clapton anuncia que as vendas se suspenden até a reposición dos 'stocks'.

Parte dos beneficios serán entregados ao International Brigade Memorial Trust, cuxo presidente, Jim Jump, xa saudou a iniciativa. O mesmo fixo o líder laborista , Jeremy Corbyn, no Twitter,

O Clapton CFC naceu dun conflito entre a afección e a administración do Clapton FC . Nos últimos anos, ressuscitaron a vitalidade no clube fundado em 1878, atraendo centos de adeptos a club, que se marca como objectivo non perder a súa identidade obreira e, así pois, reseñan, "antifascista".

Comentarios