O Celta de Vigo abre as portas da súa colección pictórica no Museo do Mar

A exposición inclúe obras de máis de 30 artistas
O goleador bosníaco Vlado Gudelj, actual delegado do Celta, calzará as botas unha vez máis. (Foto: RC Celta).
photo_camera Gudelj e Kevin, no acto de presentación. (Foto: RC Celta).

O Museo do Mar xa acolle no seu seo a exposición 100 anos de RC Celta. Gol e Arte, unha espectacular mostra enmarcada nas actividades do centenario do club.

Esta permitirá que a cidadanía en xeral poida gozar até o mes de febreiro dunha selección de 30 obras de grandes pintores galegos que o club foi coleccionando durante anos, destacando Laxeiro, Antón Pulido, Lodeiro ou Pedro Solveira, entre outros.

Colaboración co Banco de Alimentos de Vigo

A obra social do centenario do conxunto celeste non se limita á cultura, pois horas antes da inauguración da antedita mostra a entidade olívica presentou unha campaña de colaboración co Banco de Alimentos de Vigo baixo o lema 100 anos-100 toneladas.

Esta iniciativa, que terá continuidade durante os próximos meses, será posta en marcha a partir do próximo 29 de novembro -co gallo do encontro ante o Athletic de Bilbao-, convidará aos afeccionados e afeccionadas do Celta a depositar alimentos non perecedoiros nas portas 18 -da bancada de Río- e 10 -de Tribuna-, que estarán operativas para a recollida dos mesmos dúas horas e media antes do comezo dos choques.

O presidente do Banco de Alimentos, Iván Martínez, destacou que tanto os produtos necesarios para o almorzo -leite, galletas, cacao, e cereais- como conservas de carne e peixe, legumes e vexetais en tarros de cristal e aceite son os "máis necesarios para esta campaña".

Pola súa parte, o seu homólogo celeste, Carlos Mouriño, aproveitou a comparecencia para tranquilizar os anhelos de fichaxes da afección, confirmando que está "traballando" en fechar incorporacións neste mercado invernal con independencia de se o castigado Denis Suárez acaba ou non saíndo a outro equipo. 

Comentarios