O Celta só pensa no Manchester United

A liga xa rematou para o Celta hai tempo. Sen obxectivos nesta competición, a equipa de Berizzo só pensa en facer historia na Europe League. Non debe estrañar portanto que nesas circunstancias un fero e famento Athletic se pasease este domingo por Balaídos.

Celta-Athletic. 30 de abril de 2017
photo_camera Un lance do choque

O Celta non se xogaba nada. O Athletic, manter as súas aspiracións europeas. O resultado, o lóxico cando contenden dúas equipas con motivacións antitéticas. 0-3. Por Balaídos pasou, todo hai que dicelo, un dos combos máis enérxicos e mellor organizados do campionato. Valverde continúa a facer méritos para relevar Luis Enrique no Camp Nou.

Os de Berizzo fixeron amago de estar algo atentos ao xogo na primeira metade e mesmo dispuxeron dunha oportunidade, nas botas de Bongonda. Mais o Athletic en todo momento xogou o choque que lle interesaba, ora desde a posesión da bola ora desde os contragolpes.

Era, non nos enganemos, o Celta B. O A ou descansaba no banco ou tiña a mente no partido desta quinta feira face o Manchester United, unha cita coa historia, a primeira vez que a equipa celeste aparece nas semifinais dun torneo europeu.

RC Celta: Sergio Álvarez, Fontàs, Marcelo Díaz, Bongonda, Beauvue, Lemos, Jozabed (Señé, min.78), Hjulsager (Guidetti, min.69), Wass (Pape, min.61), Sergi Gómez e Roncaglia.

Athletic Club: Kepa, Laporte, San José, Beñat (Mikel Rico, min.77), Muniain (Aduriz, min. 83), Williams, Lekue, De Marcos, Raúl García (Iturraspe, min. 81), Balenziaga e Yeray.

Goles: 0-1, min.34: Raúl García; 0-2, min.49: Raúl García; 0-3, min.82: Mikel Rico.

Árbitro: Fernández Borbalán, do comité andaluz. Amonestou Fontàs e Laporte.

Comentarios