A RFEF convoca unha reunión "urxente" esta segunda feira para "avaliar a situación actual"

A reunión da RFEF terá lugar esta segunda feira o 28 de agosto ás 16 horas en primeira convocatoria e ás 16.15 horas en segunda convocatoria, na Cidade do Fútbol, en Madrid.
O máximo responsábel da Federación Galega, Rafael Louzán, á dereita, aplaudindo Luís Rubiales. (Foto: RFEF).
photo_camera O máximo responsábel da Federación Galega, Rafael Louzán, á dereita, aplaudindo Luís Rubiales. (Foto: RFEF).

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) convocou este domingo unha reunión "extraordinaria e urxente" dos presidentes de Federacións Territoriais, prevista para o vindeiro luns en Las Rozas (Madrid), onde realizarán "análises e avaliación" da suspensión que pesa sobre Luíis Rubiales por parte da FIFA.

"Seguindo instrucións de Pedro Rocha, actual presidente en funcións, e de acordo co previsto nos estatutos, comunícase a convocatoria de reunión extraordinaria e urxente da Comisión de Presidentes de Federacións de Ámbito Autonómico e Territoriais", informou a propia RFEF a través dunha circular de prensa.

Dita reunión terá lugar esta segunda feira o 28 de agosto ás 16 horas en primeira convocatoria e ás 16.15 horas en segunda convocatoria, na Cidade do Fútbol.

 A súa orde do día: "Análise e avaliación da situación actual e avaliación das decisións ou actuacións a adoptar", xunto a unha quenda para "rogos e preguntas".

A decisión da FIFA

Após toda a polémica xerada pola actitude Rubiales na final do mundial de fútbol e o seu bico non consentido a Jenni Hermoso, a FIFA decidiu actuar e suspender de maneira cautelar o presidente da RFEF.

Tamén lle prohibiu comunicarse ou tentar comunicarse coa xogadora agredida, nin sequera a través de terceiros.

Comentarios