A PREVIA | Os equipos galegos buscan puntos nunha fin de semana chea de fútbol

O domingo será o gran día para o fútbol galego. Rácing de Ferrol e Deportivo da Coruña enfrontaranse na Malata nun derbi que se prevé emocionante e cuxas grandes implicacións en termos clasificatorios na parte alta da táboa poden ser chave de cara ao final da temporada.
Veiga xa non se vestirá de curto e o da primeira xornada puido ser o seu último partido como celeste.  (Foto: RCCelta).
photo_camera Aspas felicita a Gabri Veiga polo seu gol no Metropolitano de Madrid (Foto: RCCelta).

Chega outra fin de semana e con ela chega o deporte rei. Os seis equipos galegos nas tres máximas competicións do fútbol estatal buscan puntuar xa sexa para manterse nas zonas altas das clasificacións ou para saír das zonas baixas. Comezamos este repaso na máxima categoría, O Celta buscará a vitoria na segunda feira ante un Mallorca que se sitúa perigosamente perto dos vigueses na táboa, só dous postos por detrás.

Os celestes seguen a soñar coa posibilidade de chegar a postos europeos nunha temporada marcada polo cambio de estratexia de Carlos Carvalhal que,polo de agora, dá bos resultados.

Xa na segunda división, o Lugo que segue afundido na última posición da táboa, enfróntase hoxe a un Oviedo que ocupa a decimo quinta posición da clasificación. Os albivermellos viaxarán a Asturies en busca dunha máis que necesitada vitoria para poder pensar na permanencia na segunda máxima división do fútbol estatal.

Primeira RFEF

Pasando á Primeira RFEF, abrirá a contenda o filial do Celta hoxe ante outro filial, o do Real Madrid. Partido de 'alto standing' xa que os dous conxuntos se sitúan nos postos de playoff de ascenso.

Tamén hoxe, o Pontevedra procurará ante o Mérida colleitar os tres puntos que os acheguen á zona de salvación. Os granates son penúltimos mais a pouca distancia da salvación.

O domingo será o gran día para o fútbol galego. Rácing de Ferrol e Deportivo da Coruña enfrontaranse na Malata nun derbi que se prevé emocionante e cuxas grandes implicacións en termos clasificatorios na parte alta da táboa poden ser chave de cara ao final da temporada.

Comentarios