Víctor Freixanes cesa como presidente da Real Academia Galega
Víctor Fernández Freixanes rematou a súa etapa como presidente da Real Academia Galega (RAG) tras completar oito anos á fronte da institución.
O académico formalizou a conclusión do seu segundo mandato ante os membros do plenario da RAG na xuntanza ordinaria desenvolvida na tarde da sexta feira no pazo coruñés de María Pita.
O final do mandato de Freixanes representa o primeiro paso para o proceso de elección da nova comisión executiva da Real Academia Galega e do seu vindeiro presidente.
A presidencia da RAG estará ocupada interinamente até a elección da nova dirección por Margarita Ledo Andión, na súa condición de secretaria da institución.
A normativa da Real Academia Galega estabelece que á presidencia interina correspóndelle pór en marcha proceso de elección nova comisión executiva.
Tres meses para a elección da nova dirección
Os estatutos da institución estabelecen un período non superior a tres mes para a elección da nova dirección da entidade
A candidatura ou candidaturas á presidencia da RAG que poidan concretarse deben ser presentadas por tres membros de número da institución.
O aspirante ou aspirantes disporán dun prazo que remata 48 horas antes da data que se fixe para o desenvolvemento do pleno extraordinario de elección