Apresentación do manifesto "O fim do Apartheid" en Compostela

Teresa Moure: “Procuramos facer visible a nosa invisibilidade”

​Apresentación do manifesto O Fim do Apartheid, en Compostela. Unha das promotoras, Teresa Moure, afirma que é complicado decidir o que é ou non é unha lingua. 

Na quinta feira foi presentado o manifesto O Fim do Apartheid na libraría Pedreira, en Compostela. No acto interviron Teresa Moure, Suso de Toro e Verónica Martínez Delgado. Comeza Moure presentando o proxecto nun espazo acolledor en fronte dunha multitude de olladas. O manifesto nace por mor da iniciativa de Mario Herrero, quen sentiu a desigualdade que sofre a corrente reintegracionista. De aí que se plantexasen escreber unha serie de artigos e pedir sinaturas para o manifesto. “Hoxe a cifra é inmensa”, comenta Moure.

O segundo ponto do manifesto é a conciliación. Afástase do núcleo clásico do reintregracionismo para centrar o interese no día de hoxe. Na modernidade. Mais tamén é humilde. En canto a esta cuestión, afirma Moure que moitas persoas acusáronos de vitimistas. Ao que ela respondeu: “denunciamos por iso, porque somos vítimas”. Por outra banda, non é proselitista, senón que procura crear unha cultura cooperativa.

O cuarto ponto pretende apelar contra a discriminación que padecen as escritoras e escritores que escreben na forma internacional do galego. O obxectivo é rematar co Apartheid. As editoras e concursos rexeitan as obras escritas nesta forma. Iso implica que non se difunden, e sen coñecemento non hai recoñecemento.

Suso de Toro esclareceu que estamos ante un asunto de xustiza: "Néganselles dereitos como cidadáns"

Durante a apresentación do manifesto, interviu Suso de Toro, quen aclarou que estamos ante un asunto de xustiza. “Néganselles dereitos como cidadáns”. Verónica Martínez Delgado fala desde a experiencia. Explicou sucesos persoais nos que sente a marxinación. Neste sentido, tamén Teresa Moure engade que desde que comezou a escreber de xeito “non normativo” pecháronlle as portas moitas editoras.

Apresentación do manifesto O Fim do Apartheid. 3 de novembro 2016.Por agora asinaron o manifesto diputados, concelleiros, escritores, membros da Real Academia Galega e integrantes de editoras. Tamén persoal que conforma a Mesa de Normalización Lingüística e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Rematada a presentación abriuse o debate público. Moitas persoas alzaron a voz para reivindicar unha causa compartida. Amais, móstranse agradecidos pola iniciativa e fixeron cuestións tan interesantes como se teñen pensando presentar o manifesto no Consello da Cultura Galega, ou se contaremos con máis proxectos futuros.  “Unha vez iniciado o camiño non imos ficar quietos”, respondeu Moure.

Comentarios