Este festival, co sobrenome de “o primeiro festival de música e artivismo do país”, está organizado polo Concello de Moaña e Moaña Son do Mar e para a produción contouse con Santa Guerrilla. Entre os diferentes grupos que formarán parte deste encontro están Soziedad Alkohólika que presentará o seu novo disco Sistema Antisocial e Riot Propaganda. Outras actuacións que terán lugar son a de Ezetaerre, Arrhytmia, Golpe Radikal, Rebeliom do Inframundo, Aphonnic, Cachas &Cousins e Golpe Radikal.
Completando estes dous días de música e diversión, proxectaranse varios documentais de interese como NOLA? Irun Meets New Orleans, de Fermin Muguruza, ou Camilo, O último guerrilleiro. Ademais, levaranse acabo diferentes actividades que serán de carácter gratuíto.