San Xoán con festival vigués de poesía

A fin de semana de San Xoán trae unha proposta poética para combater a calor, o festival PoemaRia de Vigo, que terá lugar a sexta 24 e o sábado 25 en varios espazos da cidade.

poemaria
photo_camera PoemaRia

PoemaRia comezará a sexta con recital e entrevista Ana Gorria e Miriam Reyes na fotogalería de Javier Teniente, continuará na Casa das Artes con Chus Pato e o Seminario Permanente de Improvisación Libre, e rematará á noite cun recital eléctrico de Ouveo de Allen Ginsberg da man de Iolanda Zúñiga.

O sábado haberá obradoiros para nenos e nenas con Elvira Ribeiro, Ramón Trigo e Miguel Ángel Diz na Escola de Artes e Oficios. E a iso da mediodía, pícnic poético en bici  con Marta Fernández Calvo. Na tardiña haberá recitais “íntimos” con Ismael Ramos, María Ramos, Isaac Xubín, Elvira Ribeiro, Viktor Gómez e Itziar Minguez. E alén disto, proxección de filmes, contacontos e outros experiencias parapoéticas. 

Comentarios