Remata a ruta 'Vigocoruñenta' de Xurxo Souto

Xurxo Souto pon fin á xira de presentación do libro A gran travesía de Chiruca Macallás os días 27 e 28 de decembro na Coruña e na Mariña.
Travesía de Chiruca Macallás
photo_camera Travesía de Chiruca Macallás

Xurxo Souto culmina a súa ruta "VigoCoruñenta", coa que presenta o libro A gran travesía de Chiruca Macallás. Para abrir boca, a sexta feira estará na Asociación Veciñal do Casco Vello do Berbés, ás 19 horas.

O día seguinte no mesón Chicote (O Muro), ás 12 horas, o autor convidará a Guiso de Choupas ás lectoras, cunha sesión de "Cantos de traballo das mulleres do mar" co Coro Boghino de Caión. Ás 18 horas desa xornada a festa trasládase á Mariña, na Sacabeira de Sargadelos (Cervo).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios