Nesta, a súa segunda obra -loada por crítica e lectoras-, o poeta procura identificar “eses pequeniños fíos” en que se vai desfacendo o individuo a cada hora.
-Por que a familia, unha preocupación central en Lumes ou en Os fillos da fame (Xerais, 2014)?
-É a institución na que primeiro socializamos, na que nos aprenden a estar en sociedade, na que se forxa o carácter, o cidadán. O cidadán non como cidadán do Estado, senón como membro dunha comunidade. Amais, a familia toca con moitos espazos diferentes: o dos afectos, o do político, mesmo co transcendental ou relixioso. Esas ensinanzas chegan da familia. Queira escribir sobre o que queira escribir, sempre bato coa familia.
-A familia é tamén fundamental para entender como se relaciona o individual co colectivo, outro elemento nuclear do teu traballo.
-É unha relación moi violenta. Esa relación entre o grupo e o individuo sempre vai estar tensionada entre o que o grupo lle aprende ao individuo, o que o individuo aprenda e o que o individuo desenvolva pola súa conta. É un constante querer encaixar e non ser quen. Sempre é difícil a relación dos individuos co todo. Algo que repito a propósito de Lumes
é que os vínculos sempre son construídos, tamén os familiares.
-Lumes non agocha as relacións de dominación que existen nunha institución a priori amábel, acolledora, como a familia.
-En toda relación de afecto hai violencia. No círculo máis pechado da familia, ese primeiro lugar de socialización, que se entende bo, protector, aínda máis. Romper con esa idea é algo que ben sucede dunha maneira moi potente por todos os lados, ben vai rompendo por lugares máis pequeniños. Comoafíos.Aminoquemáisme interesa é fixarme neses fíos, os que rompemos todos os días, cada vez que pensamos con autonomía. Se un pensa unha cousa, deixa de pensar outra. O pensamento, nese sentido, é excluínte. Hai que tomar posición.
-É por iso que insistes en que a túa poesía é política?
-A miña poesía é política en tanto que teño conciencia de clase e estou falando dun estrato social determinado.
-Pero chama a atención que fagas esa declaración explícita.
-Fágoa precisamente para non ser malinterpretado, un medo que sempre ten un autor, unha paranoia do autor.
-E ao mesmo tempo élle inevitábel ser malinterpretado.
-Efectivamente. Non por nada, senón porque un non se interpreta ben nin a si mesmo. Entón é moi difícil.ç
[A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos279, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]