PlayStation premia este videoxogo creado por alumnado da UDC en Ferrol

'Avy, Fábulas da Noite' está protagonizado por unha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos repleta de xoguetes.
Os integrantes do estudo Gamespond e antigos alumnos de Campus Industrial de Ferrol, Diego Pérez, Mónica García, Juan García e Mónica García, xunto ao director xeral da Asociación Española de Videoxogos (AEVI), José María Moreno. (Foto: PlayStation Talents)
photo_camera Os integrantes do estudo Gamespond e antigos alumnos de Campus Industrial de Ferrol, Diego Pérez, Mónica García, Juan García e Mónica García, xunto ao director xeral da Asociación Española de Videoxogos (AEVI), José María Moreno. (Foto: PlayStation Talents)

O videoxogo Avy, Fábulas da Noite, realizado como traballo de final de máster (TFM) da titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, conseguiu o premio ao Xogo con Mellor Arte na décima edición dos Premios iokool PlayStation Talents, que promove Sony Interactive Entertainment España. O acto de entrega da distinción foi esta terza feira nos Cines Callao de Madrid. Ademais, puido seguirse en directo a través da canle de Twitch de PlayStation España.

Alicia Puentes, Diego Pérez, George Neighbour, Mónica García, Juan García e Sergio García —integrantes de Gamespond— son as alumnas e alumnos que crearon Avy, unha nena que viaxa a unha illa de fantasía e pesadelos repleta de xoguetes, e que recibiron o galardón da man do director xeral da Asociación Española de Videoxogos, José María Moreno.

O xogo, que foi creado por alumnado do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos do campus da UDC en Ferrol, tamén era candidato aos premios á Mellor Historia Orixinal, ao Mellor Xogo para Prensa e á Mención Especial Compromiso PlayStation.

Outros galardóns

Este mesmo ano Avy, Fábulas da Noite xa conseguira o premio a Mellor Xogo Cozy na IndieDevDay de Barcelona, ademais do premio especial de Crítica e o premio ao xogo con Mellor Arte na Kokoro Japan Expo de Vigo. No 2022, o videoxogo foi finalista na categoría ao Mellor Xogo Cozy na Guerrilla Game Festival de Madrid e gañou o premio de Prata na Sección Indie no Videojugando que se celebrou en Soutomaior.

Comentarios