Un persoeiro e unha peza para celebrar os 40 anos do Museo do Pobo

Neste 2017 o Museo do Pobo Galego cumpre 40 anos e prosegue coa súa campaña 'Temos un museo' que agora vai máis alá e argalla un ciclo de encontros con persoeiros ligados a unha peza do museo. 

MPG1
photo_camera Parte dun cartel da campaña 'Teño un museo'

Na proposta 'Temos unha peza' do Museo do Pobo convocarase ao público, unha vez ao mes -agás agosto- a un coloquio cun persoeiro representativo do mundo da cultura e da sociedade galega, usando como pretexto unha obra ou peza dos propios fondos do museo.

O programa comezará o 24 de xaneiro con Suso de Toro; continuará co debuxante Pepe Carreiro, que falará para nenos e nenas o 17 de febreiro; o 21 do mesmo mes será a quenda de Ses; en marzo será cousa da historiadora Encarna Otero. E logo continuarán o físico Jorge Mira; a xornalista Tareixa Navaza; a futbolista Vero Boquete; o actor Roberto Leal; o crego Rubén Aramburu; a política Lidia Senra; a zoqueira Elena Ferro e a artista Luz Darriba.