venres 18/09/20

As consecuencias do coronavirus preocupan ao sector da cultura

Un total de  17 asociacións profesionais traballan de  xeito colaborativo  na  elaboración  dunha proposta na  que  se demandan distintas  medidas  específicas dirixidas ao sector cultural, como baixada do IVE ou suspensión das cotas profesionais.

Reunión da xunta directiva da  AGPXC (Foto: AGPXC)
Reunión da xunta directiva da AGPXC (Foto: AGPXC)

Un total de  17 asociacións profesionais traballan de  xeito colaborativo  na  elaboración  dunha proposta na  que  se demandan distintas  medidas  específicas dirixidas ao sector cultural polas consecuencias do COVID- 19.

A iniciativa da creación desta mesa xurdiu desde a Asociación Galega de Profesionais da   Xestión  Cultural  (AGPXC)  a   partir do   seu  comunicado  onde   manifestaban  a   súa   gran preocupación  polo  impacto  que   está tendo   no  sector  cultural  as medidas  de  contención do coronavirus.

Desde  a  AGPXC  elaborouse  un  borrador  no  que   se incluían  algunhas  medidas  específicas dirixidas ao  sector cultural entre   as que  se inclúen  a  suspensión das cotas a  profesionais autónomas,  baixada  do   IVE  cultural,   modificación das bases   de   convocatorias  das subvencións que  están en trámite de resolución para  se que  contemplen os anticipos e pagos a conta,   redeseñar  o  Xacobeo  para  favorecer  o  sector  cultural  galego, axilizar  e  reducir  o período de  pagamento aos provedores das Administracións Públicas, garantir o dereito de acceso á cultura a través da creación dun bono  cultural, etc.

Pilar Portela, presidenta da  AGPXC,  resaltou que  “unha  das liñas de  traballo da  AGPXC  é  a interlocución  cas diferentes administracións  para  defender  os nosos intereses  sectoriais.  Este  é un  momento crucial  para  tomar  esta  postura  e  así o estamos facendo, desde a publicación  do noso   manifesto ata  intentar  coordinarnos  coas outras  asociacións do  sector  para  redactar  as nosas demandas”.

Desde a  AGPXC  fixeron  chegar  este primeiro borrador  de  medidas  á  Xunta  da Galiza  e  á Federación Estatal  de Asociacións  da  Xestión  CulturaL (FEACG),  e que  durante estes días será ampliado coas achegas dos seguintes colectivos: Academia Galega de  Teatro  (AGT), Asociación de  Escritoras, Escritores en  Lingua Galega (AELG),   Asociación Galega de Empresas Musicais AGEM,  Asociación   Galega   de   Profesionais   da   Ilustración   (AGPI),  Asociación   Galega   de Profesionais  da   Xestión  Cultural  (AGPXC),   Asociación  Galega  de   Videoxogos  e   Contidos Interactivos, Asociación Produtores Técnicos Espectáculos de Galicia (APTEGA), Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva), Asociación Empresarial de Festivias de Galicia, Culturgal, Clubtura, Asociación Galega de  Salas de  Música  ao  Vivo, Coordinadora Galega de Festivais de  Cinema, EGANET,  Escena Galega, Músicas Ao Vivo, Plataforma Afectadas CCG  e Unión de Cooperativas Galegas Espazo Coop.

comentarios