Morreu Kirk Douglas, exemplo de interpretación e compromiso na época dourada de Hollywood

Tiña 103 anos e tivo unha carreira que abarcou sete décadas de cinema.

O actor Kirk Douglas faleceu na cuarta feira. Tiña 103 anos e tivo unha carreira que abarcou sete décadas de cine, con máis de 90 películas e unha serie de papeis inesquecíbeis . Tres veces nomeado aos Oscar, sen gañar nunca, levou en 1996 un premio honorario.

O falecemento foi confirmado polo fillo Michael Douglas na revista People. "É cunha gran tristeza que os meus irmáns e eu anunciamos que Kirk Douglas nos deixou hoxe aos 103 anos. Para o mundo era unha lenda, un actor da Idade de Ouro do cine que viviu nos seus anos dourados, un humanitario cuxo compromiso coa xustiza e as causas nas que cría permitíronns establecer un estándar ao que todos deberiamos aspirar. "

Ao longo de máis de cen anos, Kirk Douglas participou en máis de 90 películas, entre elas Spartacus (1960) e Paths of Glory (1957).

Mais Douglas non só foi un heroe na pantalla: xogou un papel clave no rexeitamento público da chamada lista negra de Hollywood: actores, escritores e cineastas aos que se censurou e impediu traballar por posicións políticas comunistas ou de esquerdas nos anos cincuenta. Dixo que estaba máis orgulloso diso que de calquera película que fixera.

Fillo de inmigrantes rusos 8o seu verddeiro nome era Issur Danielovitch Demsky), foi xardiñeiros, bedel e mesmo loitador antes de triunfar no mundo do cinema.

Comentarios