Mariola de libros en Bruxelas en homenaxe a Cortázar polo seu centenario

Esta terza feira cúmprese o centenario do nacimento de Julio Cortázar. O autor da inmortal Rayuela naceu en Bruxelas, xusto a cidade na que a artista uruguaia de orixe galega Luz Darriba lle renderá unha homenaxe: unha mariola de libros.

cortazar
photo_camera Julio Cortázar


Segundo informa a propia artista e colaboradora de Sermos Galiza a meio dun comunicado, Luz Darriba instalará, durante toda a terza feira 26 de Agosto, unha mariola de libros en Place Brugman. Darriba publica a columna feminista Foeminas Xenéricas cada quince días no noso semanario.

“A devandita acción [a mariola] ten o obxectivo de recordar o grande escritor arxentino universal no lugar preciso onde nacera (no que se atopa emprazado un monumento na súa memoria)”, resalta Luz Darriba. Está previsto que ao acto asistan o burgo-mestre de Ixelles, a comunidade na que naceu Cortazaa, e o embaixador arxentino na capital belga, Hernán Lorenzino.

Esta Marelle des livres  conta co apoio da Comune d´Ixelles, da Embaixada da República Arxentina, da Maison de l ´ Amerique Latine, da Embaixada da República Oriental do Uruguai, de Intermon Oxfan, da Concellaría de Cultura do Concello de Lugo, da Área de Cultura daDeputación Provincial de Lugo e un importante número de voluntari@s. A Mariola estará formada por libros en moitas linguas, entre elas o galego.

Julio Cortázar (1914-1984) é un dos escritores que revolucionou a literatura en español no século XX. A súa influencia foi xigantesca, nomeadamente nos aspectos formais da composición/deconstrución da ficción.

Comentarios