Máis de 40 filmes na Mostra de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo

Do 29 de maio ao 3 de xuño poderemos ver en Compostela filmes etnográficos de varios continentes, con cumprida presenza galega. 

esquece-monelos-1
photo_camera Fotograma de 'Esquece Monelos', un dos filmes a concurso

Alén do propio Museo do Pobo, que organiza esta Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, outros espazos da cidade como o Salón Teatro ou o Teatro Principal acollerán as fitas, que proveñen de países como Bélxica, Brasil, Arxentina ou México, entre outros. 

Entre os filmes a concurso podemos atopar as longas galegas 'Esquece Monelos', de Ángeles Huerta; 'Entrar aos Vilares', de Cibrán Tenreiro; 'Adolescentes', de Ángel Santos; ou 'O Moredo, a resistencia do entroido ribeirao', de David Vázquez. 

Entre as curtas que se exhibirán, tamén podemos atopar obras de Daniel G. Alén, Sandra Sánchez, David CAstro, Xacio Baño, Alberte Branco, Claudia Brenlla, Margarita Ledo, Diana Toucedo, Begoña M. Santiago, Helena Girón e Samuel M. Delgado, Jaione Camborda ou Lucía Vilela. 

Alén das proxeccións, haberá unha mesa redonda e debate aberto no que participarán a antropóloga portuguesa Catarina Alves, o historiador do cine e activista Manolo González, o cineasta Pablo Cayuela e a etnomusicóloga Beatriz Busto. 

Comentarios