O jazz de Sumrrá volta este domingo a un dos seus cenarios favoritos

É neste momento un dos combos franquicia do jazz galego, un trío con cada día maior proxección internacional. Sumrrá toca este domingo en Compostela na Casa das Crechas (20 h).

sumrra

Respaldados polos temas do galardoado V Journeys, o seu último traballo, Sumrrá comeza este domingo un mini-ciclo de concertos nun dos seus cenarios fetiche, a Casa das Crechas, con actuacións tamén programadas os próximos 22 e 29 de outubro.

Se algo caracteriza este combo compostelán é a súa orixinalidade e a calidade do seu repertorio, tanta que lle permite defender os seus concertos sen recorrer aos inevitábeis standards ou a versións dos clásicos.

Formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o baterista L.A.R. Legido, Sumrrá ten un directo moi fresco e unha posta en escena con múltiples rexistros, sen descoidar aspectos até teatrais e/ou circenses (con especial destaque para as habelencias do dono das baquetas, o inclasificábel Legido).

Comentarios